versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión invirte 20.000 euros no ámbito de Viceso

[18/11/2008]

O Concello de Brión inverterá 20.000 euros en recuperar o ámbito da igrexa de Santa María de Viceso. Nestes días, os operarios municipais traballan no primeiro paso, a reconstrución dun muro perimetral, duns 80 metros de lonxitude, que cedera hai unhas semanas. As obras poderían estar rematadas antes de que conclúa o ano e as que seguirán serán as do ámbito da igrexa, cunha varanda de seguridade e diverso mobiliario urbano para que sexa un lugar de ocio para os veciños da zona. A igrexa destaca pola súa fachada barroca. Comezouse a construír a finais do século XVIII, pero non se concluíu ata un século máis tarde e é de planta de cruz latina con retablo neoclásico.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion