versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Comezan en Brión as obras para dotar de rede de auga potable e residuais ao núcleo de Adoufe

[30/10/2008]

O Concello de Brión traballa dende hai días na execución das obras de servizo de abastecemento de auga potable e saneamento de residuais ao núcleo de Adoufe, na parroquia de Os Ánxeles.

Estas obras execútanse integramente con cargo á Consellería de Medio Ambiente e forman parte dun proxecto máis amplo que inclúe ademais aos núcleos de Gundín e Vilas. O presuposto final destas obras ascende a 680.000 euros. Un vez rematados os traballos na zona de Vilas, a maquinaria trasladouse ata Adoufe, núcleo situado xunto á saída da autovía Santiago-Brión. As canalizacións arrancarán das inmediacións da autovía ata as vivendas de Adoufe.

O Concello brionés anuncia que «unha vez executadas estas obras, está previsto o inicio dos traballos en Gundín, que xa están contratados e que contemplan a construción dun depósito de 50 metros cúbicos».

Segundo o rexedor brionés, Xosé Luís García, unha vez que estas obras estean rematadas, só quedarán sen saneamento seis núcleos rurais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion