versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación programa investimentos por importe de 13 millóns, deles 1,3 en seguridade vial

[30/10/2008]

A Deputación de A Coruña aprobará no seu pleno de mañá investimentos para a provincia por un importe superior aos 13 millóns de euros, dos que 1,3 serán para actuacións de seguridade vial e case dous (1,92) para actividades de promoción das enerxías renovables. Ambas as dúas inclúense no capítulo de investimentos propios, ao igual que a instalación de sistemas de vixilancia nas oficinas recaudatorias dependentes desta institución (42.000 euros), os 118.758 euros que se destinarán a instalacións deportivas municipais e os 108.000 que se destinarán á liquidación de obras na rede viaria local.

Pero o groso desa inversión está no capítulo de transferencias de capital, que inclúe máis de 9,3 millóns de euros. Trátase da achega de fondos para actuacións en colaboración cos municipios. Neste caso, o plan de eliminación de barreiras arquitectónicas levará 900.000 euros, mentres que para os campos de fútbol de herba artificial haberá 1.020.000. Dous millóns repartiranllos/llelos as piscinas climatizadas de Negreira-A Baña e Brión-Rois, e medio millón terá por destino o programa provincial de envellecemento activo. O Auditorio da Universidade de Santiago recibirá 400.000 euros e máis de 4,3 millóns desa ampla partida será para achegas económicas a diversos municipios para investimentos singulares.

O pleno provincial aprobará tamén as bases reguladoras do plan especial de parques infantís, para adaptar estas infraestruturas municipais ás esixencias normativas en canto a facilitar o seu uso por parte de minusválidos, a instalación de materiais brandos na zona de xogos e a instalación, reparación ou substitución de valla que incumpran as normas específicas. Este plan terá un presuposto de 900.000 euros e poderán participar os municipios de menos de 20.000 habitantes. A achega máxima provincial será de 60.000 euros e a mínima municipal ha de ser do 15% do presuposto.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion