versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación invirte en Dombate e en piscinas para Negreira e Brión

[30/10/2008]

O pleno da Deputación de A Coruña que se celebrará mañá a mediodía aprobará investimentos por máis de 13 millóns de euros. Entre elas destacan os dous millóns de euros destinados ás piscinas de Brión e Rois e a de Negreira e A Baña. Ademais, 1,9 millóns de euros serán destinados á execución das edificacións que conforman o conxunto do dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños).

Outras partidas importantes son a de enerxías renovables, por 1,9 millóns; actuacións de seguridade viaria, 1,3 e, sobre todo, os 9,3 millóns de euros reservados para varios capítulos, como o plan de eliminación de barreiras arquitectónicas (900.000 euros); campos de herba artificial (1.020.000 euros); un programa provincial de envellecemento activo (400.000 euros); auditorio para a Universidade de Santiago (400.000 euros) e 4,3 millóns que se reservarán para investimentos singulares en diversos municipios.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion