versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os responsables de Monte Beado avanzan na negociación do 'outlet'

[28/10/2008]

O centro, que oferta seis locais, potencia a súa axenda con charlas e cinema. Os responsables do centro comercial Monte Beado, de Os Ánxeles (Brión), confirmaron que as negociacións para a posta en marcha do outlet (complexo comercial no que recoñecidas sinaturas venden os seus excedentes a prezos atractivos) "van a bo ritmo" e ás conversacións que xa mantiñan co grupo Amicca, no que participan as chamadas marcas antiInditex, como Adolfo Domínguez, se suma xa a negociación cunha nova compañía, Intersport de Vilagarcía.

Con respecto a a posta en marcha desta nova actividade comercial, o xerente de Monte Beado, Eugenio Gutiérrez, considera que é moi pronto para aventurar unha data, sobre todo nun momento en que a situación económica é adversa para os emprendedores. "A crise fai que moitos empresarios retraian a inversión nestes momentos á espera de ver como evoluciona a situación", explica o empresario, que indica, de tódolos xeitos, que o centro segue apostando por revitalizar a actividade e oferta seis locais para as sinaturas que se queiran instalar.

Outra aposta é potenciar a axenda de actos pararelos á actividade comercial para facer máis atractivo o centro e máis aberto á participación veciñal. Neste sentido, ademais dos cursos de bailes de salón que xa se desenvolven en Monte Beado, tamén hai programadas charlas, como a da asociación Mulleres en Igualdade de Brión, e ciclos de cinema infantil, como o que se iniciará en novembro.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion