versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cubriranse as bancadas do campo de fútbol de Brión

[28/10/2008]

O Concello de Brión vén de conseguir unha subvención de 20.000 euros da Deputación Provincial de A Coruña para cubrir as bancadas do novo campo de fútbol de herba artificial. Un proxecto que sairá a concurso nos próximos días, polo que os mesmos técnicos municipais estiman que as obras poderían comezar no prazo aproximado de dous meses.

O proxecto de cubrición das bancadas está presupostado en 59.000 euros, dos que 20.000 os achega a Deputación e o resto, o Concello. As obras consistirán na construción dunha estrutura metálica con piares e vigas de aceiro laminado, así como unha cuberta realizada con chapa lacada pregada. Estas obras non impedirán utilizar a instalación.

O novo campo de fútbol de Brión ten capacidade para albergar máis dun millar de espectadores. Unhas bancadas que xa están finalizadas, pero que agora serán cubertas para mellorar a comodidade do público asistente, grazas ao acordo subscrito.

O terreo de xogo, de herba artificial, cunhas dimensións de 90 metros de longo por 60 metros de ancho, dispón de todo o equipamento preciso para a práctica de fútbol e fútbol 7.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion