versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Licitan as obras do enlace do vial de A Picaraña coa autovía AG-56

[28/10/2008]

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes licitou por un valor de 1,41 millóns de euros as obras de construción dunha variante da estrada entre A Picaraña e Os Ánxeles (AC-300) dende a que se poderá acceder á autovía Santiago -Brión (AG-56).

A nova variante contará cunha lonxitude próxima a 1,4 quilómetros e permitirá acceder á autovía sen pasar polo actual cruzamento de Os Ánxeles, axilizando deste xeito a circulación.

Este ramal de nova construción terá unha plataforma de oito metros de ancho constituída por dous carrís de 3,5 metros e dúas beirarrúas de dous metros cada unha. Estes traballos licítanse cun prazo inicialmente previsto de doce meses.

Esta obra súmase á aprobación do expediente para o vial oeste da AG-56. Esta estrada conectará a rotonda da autovía coa localidade de Barreiros, por Cabreiros.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion