versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Transportes oirá os concellos pero non dá prazos no bus metropolitano

[28/10/2008]

A directora xeral deu un período de quince días para presentar as propostas á Xunta. Aumenta o número de concellos a 11 coa incorporación de Touro, Trazo e O Pino.

Co lema dun pasado para esquecer e un futuro por mellorar, os once alcaldes integrados no novo borrador do convenio do Plan de Transporte Metropolitano mantiveron a súa primeira entrevista de traballo na Dirección Xeral de Transportes, onde lles foi presentado de forma oficial o novo plan.

En primeira instancia, a partir de todos os detalles técnicos que figuran no convenio, tales como os novos corredores e tarifa única, xa anunciados con anterioridade, a directora xeral de Transportes instou os once alcaldes a que nun prazo de quince días acheguen as propostas que consideren oportunas para formular itinerarios, o que supón unha maior entrada aos concellos e un documento máis realista, a falta dunha negociación posterior coas operadoras.

Os novos membros do proxecto do transporte metropolitano de O Piñeiro, Touro e Trazo acolleron a idea coa mesma satisfacción que escepticismo. De feito, foi en materia de prazos onde algúns dos alcaldes se quixeron aferrar ao presente e pediron algunha resposta que non chegou por parte da Dirección Xeral de Transportes. O único que se manifestou, neste sentido, foi o alcalde de Ames, Carlos Fernández, que se aventurou a sinalar que o transporte metropolitano podería estar en funcionamento en xuño do próximo ano.

Comisión de seguimento

Segundo establece o borrador, constitúese unha comisión de seguimento na que estarán as administracións participantes. Este mecanismo de control encargarase de garantir o desenvolvemento do plan, así como levar adiante distintas propostas tales como a semaforización. O convenio entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2013. O novo plan metropolitano afecta once concellos e vinte e únha operadoras.

EN DATOS

CONEXIÓNS DIRECTAS El convenio contempla a posta en marcha dun servizo especial directo (SEDE) sen paradas intermedias para atender á conexión rápida. Así, se ofrecerán mellores prestacións para os usuarios do bus metropolitano.

TARXETA ÚNICA Otra das novidades que prevé o novo prego de servizos do transporte comarcal implica unha tarxeta de pagamento única. É dicir, os usuarios que teñan que facer un cambio de autobús, que evidentemente se atope dentro do plan, non terán que aboar un billete a maiores, senón que o tique valerá para todo o traxecto.

MÁIS LIÑAS El considerable aumento de habitantes, sobre todo en concellos como o de Ames, levará a unha posterior negociación coas empresas concesionarias do transporte para un posible aumento de liñas.

EN AMES Operarios da brigada municipal de Ames colocaron carteis das liñas de autobuses que discorren polo concello. Cinco marquesiñas de Bertamiráns e outras tantas de O Milladoiro xa contan con horarios.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion