Os concellos poderán establecer servizos interiores
[26/10/2008]
O borrador do convenio tamén recolle a posibilidade de que os concellos promovan a posta en marcha de liñas interiores de autobuses dentro do municipio ou en colaboración con concellos da mesma área metropolitana. Iso si, serán os propios concellos os que asuman o custo dos déficits que xeren estas liñas, que se denominarán «servizos de predominante interese municipal, SIM).
Estes itinerarios locais deberán contar co apoio expreso da Xunta e dos municipios afectados.
Enlace a La Voz de Galicia