versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Entrevista | Marcelino de Santiago, Kukas PINTOR

[30/03/2007]

LA VOZ DE GALICIA 30/03/2007

«A miña pintura é colorista porque eu son moi galego»

O polifacético artista, pioneiro do teatro de títeres, critica que na arte actual «estanse facendo malas fotocopias»

Marcelino de Santiago, máis coñecido polo nome artístico de Kukas e polo seu teatro de marionetas, expón da man do Concello de Brión na sala do Hotel Balneario Compostela, en Brión, catorce óleos de mediano formato cos que regresa ás salas de arte logo dun tempo sen mostrar a súa pintura en público, «o que non significa que deixara de pintar».



-A pintura

-Fixen a primeira exposición con 14 anos. Pintar é vocacional, mentres que as marionetas xurdiron por circunstancias ocasionais, e houbo un tempo no que me dediquei a eles máis que a nada. Pero nunca deixei de pintar, nin de facer fotografía.



-Pero había tempo que non expoñía. ¿Que tipo de obra presenta?

-Son óleos dun tamaño máis ben grandes, de un metro por un metro, e dentro do meu estilo de sempre, moi coloristas, porque eu son moi galego e teño os referentes das cores das vilas mariñeiras, das festas populares. Para min a cor é tan importante como contar historias cando pinto unha rapaza parada na estrada arranxando unha roda pinchada ou unha muller adurmiñada diante da televisión co mando a distancia na man.



-¿Sempre foi un pintor figurativo?

-Tiven unha etapa abstracta hai xa anos. Facía cousas que hoxe lle chamarían intervencións, pero polas que entón dicían que estaba tolo. O mesmo me pasou coa fotografía, que a expoñía cando aquí ninguén o facía.



-¿Sente que a súa arte é mellor entendida agora?

-Non me preocupa. O que se fai hoxe non me interesa. Todo o mundo fai o mesmo, estanse facendo malas fotocopias, e non me gusta que me impoñan unha forma de pensar. Son algo rabudo nese aspecto. Non entendo por que facer rock-and-roll é o bo e o malo é tocar a gaita. Se a evolución é isto, que lle dean.



-¿Que opina do mundo da arte de hoxe?

-Non teño nada en contra das galerías agás que marquen unha filosofía da arte, cando non deixan de ser tendas, un negocio. Creo que a arte debe chegar á xente, e para iso ten que estar nos centros culturais e recreativos. En Compostela perdeuse un circuíto de bares moi importante.



-¿É mais gratificante o mundo do teatro?

-Eu empecei facendo marionetas a finais dos 70, cando había un baleiro moi grande de creación en todos os ámbitos, nun país no que non había nada. Foi por casualidade, e mesmo tiven problemas por facelo en galego. A min o que me importa é a creación, non son comerciante nin tendeiro. Traballo moito e son feliz facendo o que me gusta, escribindo poesía, pintando ou facendo marionetas. Sigo fiel ás miñas conviccións de mozo, tendo en conta que son dunha xeración a que non nos deron nada, nin de novos nin de vellos. Agora mesmo estamos marxinados, pero resistimos. 



enlace a la voz de galicia

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion