versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Política Territorial licita a variante do vial entre A Picaraña e Os Ánxeles

[22/10/2008]

A Consellería de Política territorial licitou onte as obras de construción da variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles, AC 300. Esta obra, que supón unha inversión de 1,41 millóns de euros, terá preto de 1,4 quilómetros de lonxitude e unha plataforma de oito metros de ancho, constituída por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2 metros.

Esta nova variante permitirá acceder á autovía Santiago-Brión sen ter que pasar polo actual cruzamento de Os Ánxeles, de forma que se axilizará a circulación neste punto. O prazo de execución inicialmente previsto é de 12 meses.

Pola súa banda, o alcalde de Brión, Xosé Luis García cualifica este anuncio como «unha gran noticia para os veciños de Brión» e agradece á conselleira, María Xosé Caride, a rapidez coa que se respondeu ás peticións realizadas dende a súa administración o pasado 28 de xaneiro.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion