versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Preparan a reforma da casa do concello de A Estrada, o de Negreira e a casa do Picón en Brión

[21/10/2008]

A empresa Martínez e Neira será a encargada de executar as obras de reforzo e acondicionamento da torre e a cúpula da casa do concello de A Estrada. A actuación, que se adxudicou por decreto da alcaldía para axilizar prazos, forma parte da primeira fase da reforma integral do edificio, deseñado en 1904, que busca recuperar a cuberta orixinal e a rehabilitación de partes danadas. O proxecto rolda o millón de euros e conta cunha subvención da Consellería de Presidencia en varias anualidades. Esta primeira fase supón un custo de 87.500 euros, dos que 70.000 euros serán achegados en virtude desta axuda autonómica, o resto (o 20% do custo) asumirano as arcas municipais.

A filtración de humidade e as deficiencias da estrutura da obra apreman segundo o goberno local esta actuación. A reforma tamén buscar reordenar espazos aproveitando a parte superior do edificio tras as obras.

Así mesmo, a pasada semana visitaban Brión e Negreira a directora xeral da Administración Local, Matilde Rodríguez, e a delegada de Presidencia, Aurora Moinelo, para confirmar unha inversión de 325.000 euros co fin arranxar a casa do Picón. Tras esta visita, recalaron en Negreira, onde solicitaron ao rexedor que remitise o proxecto -a principios de ano- co que se queren reutilizar os baixos municipais para situar os servizos sociais e urbanismo, ademais do censo. Tamén se busca arranxar o dobre teito da primeira planta polas filtracións de auga.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion