versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Presidencia achegará 325.000 euros ás obras da futura consistorial de Brión

[15/10/2008]

A Xunta informa tamén ao Concello de Teo de que poderá solicitar novas axudas o próximo ano.

A Consellería de Presidencia confirmou ao Concello de Brión unha axuda final de 325.000 euros para executar as obras de rehabilitación da denominada Casa do Picón, que a curto prazo se converterá na nova consistorial brionesa. Esta achega supón un leve incremento, vinte mil euros exactamente, respecto ás axudas confirmadas anteriormente por este organismo autonómico. O montante da subvención quedou confirmado onte tras a visita da directora xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo; e a delegada provincial da Consellería de Presidencia, Aurora Moinelo; a municipio.

Aínda que o incremento dos fondos non é significativo, o encontro serviu para que a directora xeral de Administración Local lle confirmase ao alcalde, Xosé Luís García, que as achegas de Presidencia non son incompatibles con outro tipo de axudas, xa que o límite subvencionable para a remodelación de consistoriais se cifra no 80% do presuposto final, que no caso brionés ascende a 940.000 euros.

Ante esta confirmación, o rexedor brionés sinalou: «Estaremos CoA cana preparada par ver de pescar algunha axuda máis».

A previsión municipal é que a nova casa do concello brionés poida estar rematada a finais do 2010 ou no 2011.

Con anterioridade á reunión con Xosé Luís García, Rodríguez Rumbo e Aurora Moinelo visitaron as as dependencias municipais de Teo e de Negreira para manter senllos encontros cos seus respectivos alcaldes: Martiño Noriega e Juan García Fuentes, para abordar as necesidades das casas do concello de ambos os dous municipios.

No primeiro caso, as representantes da Consellería de Presidencia anunciaron que o Concello poderá acollerse o próximo ano ás liñas de axudas para reformar casas do concello. Esta circunstancia podería permitir a Teo conseguir máis fondos que os xa achegados pola Xunta para executar as reformas previstas no inmoble de A Ramallosa.

Os traballos de remodelación da Casa do Concello de Teo estarán listos, segundo o Concello, este mesmo ano.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion