versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Tráfico pon o radar nunha recta entre a autovía de Brión e a AP-9 onde non se pode ir a máis de 60

[17/10/2008]

Un coche camuflado no acceso á autoestrada tramita decenas de multas graves.

a Garda Civil de Tráfico estableceu onte pola mañá un control de velocidade nun punto da rede compostelana onde está prohibido moverse a máis de 60 quilómetros por hora, a pesar de que é xusto alí onde unha vía de alta capacidade empalma con outra da mesma clase. Repetía deste modo unha operación que xa levara a cabo en polo menos outras tres ocasións ao longo do último mes. A institución, consultada ao respecto, atribuíu a medida exclusivamente a razóns de seguridade.

Viaxando dende Bertamiráns cara a Compostela, a autovía de Brión (AG-56) conecta coa autoestrada do Atlántico (AP-9) mediante unha recta con dous carrís, sentido único, calzada propia e ampla visibilidade. Os miles de automobilistas que a diario a percorren proceden dunha estrada onde estiveran a circular a 100 e diríxense a outra onde o farán a 120. Entremedias, non obstante, tópanse cun sinal que lles permite desprazarse, como moito, a 59. E aí foi onde onte, ao igual que en xornadas anteriores, se apostaron os axentes.

Para estes dispositivos, Tráfico adoita mobilizar tres vehículos: dous convencionais, coas súas sirenas e o seu doadamente distinguible rotulación, e outro dotado de radar. O piloto do camuflado apóstase a escasos metros da canle de acceso á AP-9, fóra da estrada, na marxe dereita desta e tras uns guardarraíles que dificultan o seu avistamento dende a distancia. Os uniformados, en cambio, agardan instrucións moi cerca de alí pero ocultos. Esperan xunto ao carril de aceleración da entrada 75,5 da AP-9 ou ben na beiravía interior da curva que o precede. O primeiro dos gardas encárgase de comprobar como de rápido ou de lento o van superando os turismos en tránsito cara á capital para, no seu caso, comunicar os seus compañeiros que procedan a detelos. Bota fume o boletín.

Sen carné por superar os 105

E infrinxir as normas en aquel sitio págase realmente caro. Por exemplo, a quen cazan desprazándose a 71 por hora cáelle unha multa de 100 euros. 40 máis ha de aboar alguén pillado entre 91 e 100, o que comporta tamén unha perda de dous puntos do carné. E catro a maiores (seis en total) son os que quitan a aqueles fotografados coa agulla por enriba dos 106 e por debaixo dos 113 km/h, aos cales lles endosan ademais unha retirada do permiso por espazo dun mes e unha sanción económica moi grave (380).

¿Canto durou o control de onte? ¿Caeron moitos, muchísimos..? Un alto cargo do destacamento compostelano preguntado acerca destas cuestións eludiu respondelas, apelando a que, pola contra, violaría a política de comunicación do corpo, unha doutrina en virtude da cal non se facilitan datos concretos dun despregamento, senón medias de varios.

O mesmo mando defendeu a localización do radar móbil na transición da AG-56 á AP-9 aducindo: «Cando entrou en servizo a autovía houbo pequenos toques entre coches nese punto, onde tamén conflúe, e sen ceda o paso que o regule, o tráfico do periférico en dirección á autoestrada. Facendo presenza aí ata que a xente se acomode por completo á nova situación estamos a contribuír a evitar os problemas, non hai outra razón detrás, ningunha máis».

«Tras a inauguración -abundou-, ante esa sinestralidade que estabamos a detectar, encargouse un informe específico que aconsellaba limitar a 60 a velocidade na recta, realizar controis periódicos e mesmo poñer bandas. Estamos a obrar baseándose no estudio, coa salvidade de que as rugosas parece que se desbotaron por agora».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion