versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión e Ames perfílanse como alternativas para o parque comarcal

[13/10/2008]

Santiago queda practicamente descartada, co que tería o seu propio servizo e a bisbarra outro mancomunado.

O parque comarcal da área de Compostela non estará, con toda probabilidade, en Santiago. A capital quedou practicamente descartada nas negociacións que manteñen a Xunta, a Deputación e os municipios afectados para poñer en marcha un servizo mancomunado despois de que o Tribunal Supremo anulase o carácter comarcal do parque capitalino, ante o recurso formulado polos bombeiros contra o convenio en que esas administracións decidiron no 2000 a reconversión do servizo local de Santiago en supramunicipal.

As alternativas que se están a barallar agora mesmo son Brión e Ames, aínda que o primeiro dos municipios é o que soa con máis forza. De feito dispón dunha parcela ben situada ao lado da autovía, unha infraestrutura de alta capacidade que facilitaría a mobilidade para atender un ámbito que se estende dende Vedra a Rois e que alcanza tamén aos municipios de Ames, Teo, Val do Dubra, Brión, Boqueixón e Padrón. A capital do Sar e Rois non forman parte da mancomunidade de Compostela, pero no anterior intento de agrupar o servizo incluíronse na súa área de acción.

A decisión para localizar o novo parque comarcal parece inminente e aínda que se barallaron varias opcións -como a de reforzar os Grumir de Brión e Boqueixón para repartir máis o campo de acción do servizo- e se visitaron varias parcelas en distintos ámbitos, a discusión céntrase agora mesmo entre Brión e Ames.

O primeiro parece unha opción preferente, aínda que aos seus responsables tampouco lles parecería mal que o parque se fose para un municipio veciño, como Ames, sempre que estivese ben comunicado. Isto permitiríalles dispoñer da cobertura do parque, pero tamén manter ao seu Grumir para a atención máis inmediata e que non requira expresamente dos bombeiros. Se o parque se instala nesta localidade o Grumir desaparecerá. Pero dende Brión tampouco porán pega algunha se finalmente as partes implicadas deciden fixar a sede comarcal no seu municipio.

O concello que quedaría exluido do novo proxecto é Santiago, tras o fracaso da anterior operación para crear un parque comarcal e a ausencia de negociacións para intentar un acordo cos bombeiros locais. Ao ter parque propio, enténdese ademais que non ten sentido a situación do servizo comarcal nesta cidade.

A creación do parque mancomunado á marxe do capitalino deixará a Santiago cunha vintena longa de bombeiros máis que no 2000 -cando se decidiu crear o servizo comarcal que anulou o Supremo- e cunha sede a medio facer (dende que se paralizou hai dous anos por problemas na execución do proxecto) e un importante sobrecoste que afrontar.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion