versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Política Territorial aproba o proxecto técnico para construír o acceso oeste da AG-53 en Brión

[14/10/2008]

A Consellería de Política Territorial aprobou o expediente de información pública e o proxecto de modificación da estrada C-451, que discorre polo municipio brionés, para construír o denominado acceso oeste á autovía AG-53, entre Santiago e Brión.

O proxecto técnico inclúe modificacións respecto ao deseño inicial, xa que se optou por variar o trazado para non afectar ao núcleo brionés de Brans. A primeira proposta técnica establecía un trazado que cruzaba este núcleo. Tras as alegacións interpostas ao deseño, a Consellería de Política Territorial estimounas parcialmente e estableceu un cambio no trazado por Brans para que evitar a división deste núcleo da zona alta brionesa.

A construción desta variante oeste permitirá establecer un novo acceso coa AG-53 cunha conexión coa estrada de Negreira á altura de Barreiros, na zona de Cabreiros.

A aprobación deste proxecto prodúcese nove meses despois de que a conselleira de Política Territorial, María José Caride, confirmase durante a colocación da primeira pedra do tramo entre Brión e Noia a viabilidade deste este enlace e doutro, tamén en Brión, pero pola zona de Bastavales. A construción de ambos os dous accesos da AG -53 nesta zona quedou pendente do proxecto inicial entre A Rocha (Santiago) e Os Ánxeles (Brión).
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion