versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Varios campos de fútbol da bisbarra, desvalixados

[14/10/2008]

Os cacos subtraeron o cable de cobre das instalacións de A Esclavitud, Urdilde, Bastavales, Ons e Ás Pateiras, en Bertamiráns

Os ladróns fixeron o seu agosto a pasada semana. Varias localidades dos municipios de Terras foron obxecto da visita dos amigos do alleo. Os roubos máis curiosos déronse en Padrón, Rois e Brión. Na mesma noite e co mesmo modus operandi, segundo fontes policiais, os campos de fútbol de A Esclavitud (Padrón), Urdilde (Rois), Ons e Bastavales (ambos os dous en Brión), e en Ás Pateiras (Bertamiráns-Ames) sufriron furtos similares: o cable de cobre das instalacións que serve para dar electricidade ao campo de de fútbol, deixando as instalacións orfas deste servizo. Os primeiros en denuncialo foron os membros da directiva da SD Escravitude.

Segundo apuntan, no campo padronés, os ladróns leváronse 1.300 metros do cableado, o que supón unha perda duns 2.300 euros máis a man de obra, segundo a directiva, quen apunta que tanto o campo como o edificio social foron obxecto en tres meses de catro roubos.

Os ladróns tamén a emprenderon co cable eléctrico dos campos de Ons e Bastavales. Dende o Concello estímase que a reparación dos danos roldan os 2.700 euros. No caso de Bastavales, os ladróns cortaron os cables na base dos postes da luz e levaron todo o cableado, causando danos por importe de 1.800 euros. En Ás Pateiras, o cable que levaron foi menor, pero o estrago na porta do local, patente. En todos os casos, se realizou a pertinente denuncia.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion