versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O teatro inunda Teo, Brión e Vedra

[14/10/2008]

Baldanza Corte inaugura a tempada brionesa cunha obra de Shakespeare. A Ramallosa vive os Sábados a Escena coa actuación da compañía Ateaco.

A bisbarra compostelana gozou esta fin de semana co teatro. Teo Foron varias as representacións que tiveron lugar cun denominador común: a boa asistencia de público que fai, se cabe, que os actores se superen sobre as táboas.

O grupo de teatro profesional Baldanza Corte puxo en escena a obra Illiria, de William Shakespeare no centro social polivalente de Brión, cun excelente nivel de asistencia de público. Esta representación serviu para abrir a tempada de teatro contemplada no programa Outono Cultural, deseñado polo Concello para os tres últimos meses do ano e que contempla trece actividades, entre as que destacan dez obras teatrais.

Mentres tanto, en A Ramallosa os espectadores gozaban coa actuación de Ateaco Teatro, que levou a escena no colexio O achado do castro, dentro do I Mes do Teatro de Teo.

O CICLO FINALIZA O PRÓXMO FIN DE SEMANA

San Miguel de Sarandón gozou de dúas representacións

De afortunados podemos catalogar os afeccionados ao teatro do municipio de Vedra, sobre todo aos da parroquia de San Miguel de Sarandón, que esta fin de semana pasada puideron gozar de dúas representacións.

O sábado foi o grupo Argallando Educación e Tempo Libre o que se subiu ao escenario da casa de cultura para ofrecer a obra 'Charlie e a fábrica de chocolate', mentres que o domingo a compañía Carpe Diem, da Asociación Cultural Garola, representou 'A lenda do pirata'.

O ciclo finaliza esta fin de semana no mesmo escenario, ás 20.00 horas, coa obra 'Cloxn Escola' o sábado e 'Maribel e unha familia exquisita' o domingo.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion