versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Rouban cobre da rede eléctrica dos campos de fútbol de Bastavales e Ons, en Brión

[09/10/2008]

O Concello de Brión confirmou que os campos de fútbol de Ons e Bastavales sufriron senllos roubos de cobre da rede eléctrica. Concretamente, no caso das instalacións de Ons, o incidente produciuse na noite do martes, mentres que no campo deportivo de Bastavales todo apunta a que a subtracción do material se produciu entre o domingo e o luns. En ambos os dous casos, as denuncias cursáronse onte.

Segundo os cálculos municipais, emendar os danos provocados en ambos os dous campos deportivos rolda os tres mil euros, dos que 1.800, aproximadamente, se corresponden ao campo de Bastavales, no que os ladróns cortaron os cables na base dos postes e retiraron todo o material.

A policía local de Brión considera que o modus operandi dos ladróns é moi semellante ao incidente acontecido esta mesma semana no campo de fútbol de A Escravitude, en Padrón.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion