versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O compostelano Pedro Nimo gañou a Pedestre dá Mahía

[07/10/2008]

En féminas, venceu a portuguesa Solange Adreia. Participaron máis de 250 corredores.

Máis de 250 corredores, 175 adultos e máis de 80 nenos, participaron o pasado domingo na XXVI Carreira Pedestre dá Mahía, na que o Concello de Brión repartiu 1.000 euros en premios entre os seis primeiros gañadores absolutos (tres homes e tres mulleres), así como trofeos entre os tres primeiros clasificados nas trece categorías existentes. Así mesmo, todos os participantes que cruzaron a meta recibiron unha camiseta de regalo.

O vencedor absoluto da proba foi o compostelano Pedro Nimo del Oro, que investiu 19 minutos e 4 segundos en cubrir os sete quilómetros do circuíto, rebaixando en 40 segundos o tempo logrado polo gañador da edición anterior.

O segundo posto recaeu en Daniel Bargiela Araújo, de Ponteareas, que chegou a 28 segundos do gañador. O podio completouno o atleta de Valla, Alejandro Pensado, cun tempo de 19 minutos e 41 segundos.

En categoría feminina, a vitoria levouna a portuguesa Solange Adreia Pereira, seguida por Águeda Blanco Pérez, de Moaña, e pola compostelana Yolanda Gutiérrez Robles.

En categoría infantil celebráronse dúas probas sobre unha distancia de 500 metros. De 7 a 9 anos, gañou Iván Carrero Rodríguez en nenos mentres que en féminas a gañadora foi Noa Ramírez Carballo. De 10 a 12 anos, o vencedor foi Aldán Delgado Fernández, en categoría masculina, mentres en categoría feminina, a vencedora da proba foi Paula Pérez Mosteiro.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion