versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia, ofrenda de fe feita en cera

[30/09/2008]

A carballeira de Brión acolleu 35.000 devotos o sábado, día grande da festa, que volveu bater marcas. As colas sucedéronse ante a capela onde os fieis agardaban para bicar as reliquias e ofrecer os seus cirios.

Brión viviu dende o venres e durante toda a fin de semana a súa cita festiva máis grande. A nova edición de Santa Minia atraeu ata o municipio compostelano a máis de 35.000 persoas o sábado, día grande das festas, unha grande parte delas atraídas pola súa devoción á santa e outras moitas pola música das orquestras e o olor e sabor da gastronomía tradicional que nunca falta nos festexos.

Así, o sábado a carballeira de Santa Minia ulía a cera, sabía a polbo e soaba a festa. "A grande festa de toda a bisbarra", dicía satisfeito o alcalde, Xosé Luis García. E non lle faltaba razón.

Dende todos os municipios do ámbito compostelano e aínda dende máis alá chegaban coches e autobuses saídos a primeira hora do día dende Ponferrada, Vigo, Ferrol ou Lugo. Na igrexa, as reliquias de Santa Minia deixábanse querer dende a misa de 9 por miles de devotos, que pacientes e fieis gardaban longas colas ante a porta para tocar á santa e ofrecerlle a súa fe en forma de cirio ou figura de cera.

Ao longo dos tres días de festa, os visitantes gozaron dos produtos de máis de 250 postos de venda e no plano musical das actuacións da banda municipal de Brión, a banda de gaitas e tambores Airiños do Corveiro e de orquéstraas Galilea, Caribe Show, Océano e Suavecito, que puxeron o ritmo ás verbenas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion