versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Grande éxito de público no festival de bandas de música Concello de Brión

[30/09/2008]

A coincidencia con Santa Minia non restou afluencia á actuación no polideportivo

O pasado domingo, en plena efervescencia das festas de Santa Minia, a música de bandas volveu demostrar que non ten idade. A cuarta edición do festival Concello de Brión, no que participaron as bandas de Narón, a de Meira e a formación local, obtivo un grande éxito de público na súa actuación, que comezou no polideportivo municipal a partir das 18.00 horas.

O director da banda brionesa, Jorge Rey, manifestou que este festival responde xa a unha tradición que ten tras si moito traballo, pero que dá os seus froitos ano a ano. Cualificou a iniciativa como "moi positiva" e sinalou que a festa de Santa Minia non restou público, ao contrario, porque "sempre o festival é moi ben acollido polo público".

A entrada foi gratuíta. A iniciativa está organizada pola asociación Banda de Música Municipal de Brión e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación de A Coruña e da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion