versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Trescentas persoas gozaron do festival de bandas de Brión

[30/09/2008]

Trescentas persoas gozaron o pasado domingo da cuarta edición do Festival de Bandas de Música de Brión, no que actuaron, ademais da agrupación local, a Xove Banda de Narón e a Banda de Música de Meira.

O repertorio das tres agrupacións incluíu dende temas clásicos a música de autores galegos, ademais de bandas sonoras de películas moi coñecidas e pezas populares». En total, soaron doce pezas, catro por cada banda invitada ao festival, organizado pola asociación da banda brionesa co apoio do Concello, a Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Deputación e a Consellería de Cultura.

O festival celebrouse no pavillón de deportes, xa que na xornada do domingo a carballeira de Santa Minia estaba ocupada, xa que a actuación coincidiu co último día das festas patronais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion