versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión conta con 133.000 euros para ampliar a sede do servizo de emerxencias

[30/09/2008]

As obras de ampliación e mellora das instalacións do servizo de emerxencias do Concello de Brión contan cunha suvención de máis de 133.000 euros da Consellería de Presidencia. O alcalde, Xosé Luis García, e a directora xeral de Protección Civil, María Esther González, asinaron a semana pasada o convenio que compromete a inversión.

O acordo contempla a instalación dun portalón metálico e dunha marquesiña de aceiro, ademais dunha edificación anexa ao actual recinto que poderá albergar o garaxe dos novos vehículos do servizo de emerxencias brionés, o Sebri.

Tras a sinatura do convenio, a directora xeral destacou que o Serbri presta un grande servizo tanto ao municipio de Brión coma ao resto da bisbarra, "polo que consideramos que debe contar coa mellor base operativa".

Pola súa banda, o rexedor brionés agradeceu a "celeridade" coa que Presidencia respondeu á demanda municipal.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion