versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O futuro vial Brión-Noia xa ten os seus primeiros 9 quilómetros desbrozados

[29/09/2008]

O primeiro tramo do corredor ten finalizados o 15% das escavacións ao 15% e o 50% das obras de drenaxe

Os movementos de terras avanzan nas obras do futuro corredor que conectará a autovía Santiago-Brión (AG-56) con Noia, para completar o que será o eixe principal de comunicación de Compostela co litoral. Oito meses despois do inicio dos traballos no primeiro dos dous tramos en que se divide o vial, entre Brión e Martelo, o trazado deses 9,3 quilómetros iniciais xa é perfectamente visible.

As máquinas completaron os labores de roza do terreo, e a talla de madeira está executada ao 98%. Agora, as obras para completar a fase de movemento de terras céntranse nas escavacións, onde o grao de execución é do 15%, e nos terrapléns, co 30% do traballo realizado. En canto ás obras para a drenaxe do vial, tamén están ao 50%.

Política Territorial considera que os labores de desmonte, cruciais nunha obra desa envergadura, «van a bó ritmo, de acordo co plan de obra previsto». A consellería confía en manter o nivel a actividade destes primeiros oito meses de traballo, sempre que as condicións meteorolóxicas non se convertan nun obstáculo.

A primeira fase do corredor, cun presuposto de 44,4 millóns de euros, ten como adxudicataria á unión de empresas que integran Taboada e Ramos-Ferrovial Agromán. Os traballos contan cun prazo de execución de 26 meses e afectan os concellos de Brión, Rois e Lousame. O vial, que dará servizo a 145.636 habitantes, contará con carrís para tráfico pesado en 8 dos 9,3 quilómetros entre Brión e Martelo. Disporá de dous enlaces (en Urdilde e Martelo), un viaduto de 340 metros sobre o río Naveira, un falso túnel en Urdilde de 470 metros, dez pasos superiores e cinco inferiores, ademais de 6 quilómetros de camiños de servizo.

O tramo que completará o corredor, entre Martelo e Noia, atópase en fase de expropiacións. Aínda que na zona hai movemento de tractores e maquinaria, non corresponde á obra propiamente dita, senón a propietarios de montes que están a cortar madeira nos terreos que aínda son da súa propiedade. As obras foron adxudicadas o 24 de xullo pasado ás empresas Estructuras e Francisco Gómez, cunha inversión estimada de 41,5 millóns.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion