versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O servizo municipal de emerxencias de Brión ampliará as súas instalacións

[26/09/2008]

O rexedor e a directora xeral de Protección Civil asinan un convenio para inverter 134.000 euros.

O servizo municipal de Emerxencias de Brión, Serbri, mellorará en breve as súas instalacións tras unha inversión de 134.000 euros. Esta partida económica está consignada nun convenio de colaboración rubricado onte polo rexedor brionés, Xosé Luís García; e a directora xeral de Protección Civil. María Esther González Saavedra.

O groso da inversión servirá para que as actuais instalacións se melloren, ademais de proceder a unha ampliación.

O proxecto inclúe a construción dunha zona axeitada para o seu uso como garaxe dos vehículos de traballo do servizo: un automóbil pick-up e a bomba urbana lixeira que se utiliza fundamentalmente para traballos de extinción de incendios.

A inversión da Consellería de Presidencia servirá tamén para que os membros deste servizo dispoñan de cociña e unha sala para o seu uso como ximnasio.

Tras a sinatura do convenio, Esther González destacou a importancia das obras programadas e afirmou que «o servizo de emerxencias de Brión presta un grande servizo non só ao municipio de Brión, senón a toda a bisbarra, polo que consideramos que debe contar Coa mellor base operativa e loxístic posible de cara a ofrecerlles ou mellor servizo aos veciños.

Pola súa banda, o rexedor brionés, o socialista Xosé Luís García, agradeceu a dilixencia de Protección Civil para atender as demandas que lle formulou para o municipio, xa que a petición formal de fondos se produciu o pasado 3 de xullo durante unha visita da propia directora de Protección Civil e da delegada provincial de Presidencia, Aurora Moinelo, á sede do Serbri. Segundo o Concello, coa sinatura deste convenio cóbrense as necesidades do servizo de emerxencias.

Servizo as 24 horas do día

Os efectivos do servizo de emerxencias de Brión están dispoñibles durante as 24 horas do día na súa sede do paseo de Pedrouzos. Aínda que se trata dun servizo que depende do Concello de Brión, tamén atende emerxencias e presta apoio nos concellos veciños, sobre todo no de Ames, dado que este concello non ten equipamentos destas características.

Boa parte das súas intervencións realízanse en caso de accidentes de tráfico, xa que posúen un equipo de excarceración. Dispoñen igualmente de equipos axeitados para control e extinción de incendios, o que os converte no primeiro colectivo que acode en caso de sinistros no municipio.

Este equipo tamén participa en numerosas actividades de tipo educativo como simulacros e charlas educativas en toda a bisbarra.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion