versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Catro mil persoas gozaron da Festa do Cabalo de Brión, que se resentiu polo mal tempo

[23/09/2008]

A organización da Festa do Cabalo de Brión, que recae na asociación do mesmo nome, que a promove en colaboración co Concello e a Deputación Provincial, cifrou en catro mil persoas a asistencia ás actividades de exaltación do cabalo promovidas durante a pasada fin de semana.

Os organizadores recoñeceron que o mal tempo restou participación, pero destacan que os asistentes «gozaron CoA distintas probas, nas que destacaron especialmente os xinetes locais».

Unha das actividades que se resentiu este ano foi a ruta cabalar, á que estaba prevista unha maior participación que a que se deu finalmente, aínda que co mesmo número que o ano pasado: 83 persoas.

Na primeira competición da carreira de relevos participaron medio centenar de xinetes, divididos en dez equipos procedentes de Brión, Noia, Lousame, Boiro e Negreira. Esta proba tívose que disputar con luz artificial debido ao atraso dalgún dos equipos.

Malia a variada procedencia dos deportistas, o triunfo quedou na casa debido á boa carreira dos Cabaleiros de Brión.

O groso das actividades da festa cabalar, que cumpriu 25 anos dende a súa primeira edición celebrouse no monte de Rañalonga.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion