versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Arranca a Festa do Cabalo de Brión con 300 equinos e unha carreira de relevos

[20/09/2008]

Esta tarde empeza a Festa do Cabalo de Brión. É unha celebración tradicional que este ano alcanza a súa vixésima edición, no monte de Rañalonga. A festa organízaa a Asociación Festa do Cabalo de Brión, xunto co Concello e a Deputación.

A partir das 16.30 horas, o concurso de saltos, a yincana, a proba de seis barras, unha carreira de burros e unha de relevos por equipos (novidade deste ano) farán as delicias dos afeccionados ao mundo equino. Na última proba referida participarán cincuenta xinetes en dez equipos dos municipios de Brión, Noia, Lousame, Negreira e Boiro. Percorrerán 3,5 quilómetros dende as oito da tarde, aproximadamente e en función das actividades anteriores.

A xornada de mañá conclúe cun encerro de vaquillas e co concurso de recortadores, que se celebra por primeira vez. Tres profesionais da materia farán unha exhibición ante os novos brioneses, que despois intentarán emulalos.


Programa de mañá

O domingo empeza cunha feira cabalar prevista para as nove da mañá. Ás 10.30 horas celebrarase unha ruta polo monte Rañalonga, seguindo o leito do río Tambre. O ano pasado acudiron á cita oitenta xinetes e para esta edición, segundo apunta o voceiro da organización, Manuel Fernández, espera que se supere o centenar. As probas de saltos e de arrastre tamén terán como escenario Rañalonga.

Ás 14.00 horas haberá unha pausa para comer. Os que o desexen poderán facelo no mesmo espazo, onde se servirá carne ao caldeiro, churrasco e polbo. As competicións continuaranse ás 17.00 horas coa proba de paralelas, o salto de potencia e as distintas carreiras de cabalos: do país, cruzados, cruzamento inglés e puro sangue. Manuel Fernández indica que este ano tomarán a saída dúas carreiras de puro sangue, debido á grande afluencia de cabalos rexistrada.

A Festa do Cabalo de Brión repartirá máis de 4.800 euros en premios entre os participantes, que poderán inscribirse o mesmo día da proba, deberán correr con casco e estar federados ou presentar seguro equivalente.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion