versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os amantes do cabalo retaron ao mal tempo e non faltaron á cita de Brión

[22/09/2008]

A organización calcula que ao redor de 4.000 persoas se achegaron ao recinto de Rañalonga.

A vixésima edición da festa do cabalo de Brión celebrada durante toda a fin de semana obtivo un novo éxito entre os amantes do mundo equino. Malia que o número de cabalos participantes non chegou ás previsións estimadas -300- pola organización, debido en boa parte aos problemas meteorolóxicos de última hora, a organización mostrou a súa satisfacción pola grande espectacularidade das distintas actividades. En especial, da carreira de relevos, que se celebraba por primeira vez e na que tomaron parte medio centenar de xinetes repartidos en dez equipos. O premio quedou na casa, xa que os gañadores foron os Cabaleiros de Brión.

Fontes da organización tamén fixeron fincapé na "espectacularidade" do concurso de recortadores, outra das novidades desta edición da feira equina.

Na ruta cabalar de onte, a participación tamén foi sensiblemente menor ao previsto, xa que ao final foron 82 os cabalos que tomaron parte no percorrido. A organización repartiu máis de 4.800 euros en premios en metálico.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion