versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión celebra esta fin de semana a exaltación equina en Rañalonga

[18/09/2008]

Tamén esta fin de semana, os montes de Rañalonga, en Brión, serán o escenario dunha nova edición da Festa do Cabalo que repartirá uns 4.800 euros en premios.

A festa está organizada pola asociación Feira do Cabalo en colaboración co Concello de Brión e presentará como gran novidade un concurso de recortadores.

A organización sinalou que un total de 50 xinetes, divididos en dez equipos, participarán na primeira carreira de relevos que se organizará nesta festa e que terá lugar o sábado. Os equipos procederán dos concellos de Brión, Noia, Lousame, Boiro e Negreira. Todos eles estarán compostos por cinco xinetes, que cubrirán un percorrido de 3,5 quilómetros a razón de 700 metros por relevo.

Nesta modalidade participarán cabalos cruzados e desbótanse os pura sangue. A proba terá lugar tras a carreira de burros e antes do concurso de recortadores, no que tres profesionais demostrarán as súas habilidades ante os novos afeccionados que se acheguen ao recinto brionés de Rañalonga e que, despois, poderán emulalos ante as vaquillas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion