versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A feira do cabalo de Brión repartirá case 5.000 euros en premios a fin de semana

[16/09/2008]

Os montes de Rañalonga, en Brión, servirán de escenario a próxima fin de semana á tradicional Festa do Cabalo, que celebrará o seu vixésima sexta edición e repartirá máis de 4.800 euros en premios. A cita corre a cargo da asociación Feira do Cabalo en colaboración co Concello de Brión e presentará como novidade un concurso de recortadores. A festa abrirá as súas portas o sábado ás 16.30 horas cun concurso de saltos, unha yincana, unha proba de barras, unha carreira de relevos e outra de burros.

Para o domingo está prevista a feira cabalar, que abrirá ás nove da mañá. Volverá realizarse unha ruta cabalar polo monte, seguindo a canle do Tambre. Na xornada de tarde, tras a comida popular que se celebrará en Rañalonga, as competicións continuaranse as cinco da tarde coa proba de paralela, o salto de potencia e as distintas carreiras de cabalos, do país, cruzados, cruzamento inglés, e puro sangue.

A organización tamén ofrecerá distintas actividades dirixidas aos máis xinetes máis pequenos como unha xincana infantil e un poni clube.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion