versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión aprobará destinar un millón de euros para a nova piscina municipal cuberta

[13/09/2008]

O próximo luns o Concello de Brión celebrará un pleno extraordinario para aprobar a proposta da alcaldía sobre o financiamento dunha piscina municipal cuberta en Pedrouzos. A instalación custará máis dun millón de euros, que estarán financiados a través dun acordo coa Deputación Provincial e que dará servizo aos veciños de Brión e aos de Rois.

O Concello de Brión porá os terreos nos que se situará a piscina cuberta, dúas parcelas a superficie das cales suma 5.389 metros cadrados cun valor definitivamente taxado en 374.312 euros e adquiridos polo procedemento de permuta forzosa. O rexedor brionés, Xosé Luís García, sinalou que esta permuta de terreos foi necesaria ante a imposibilidade de pechar un acordo, xa que se isto se lograse a fórmula urbanística sería distinta. Ademais da cesión dos terreos, o Concello de Brión e o de Rois farán unha achega económica para a construción da instalación.

A intención da corporación municipal é que a piscina reciba o visto bo do pleno na sesión extraordinaria do luns, xa que a achega da Deputación Provincial de A Coruña aprobarase no pleno que terá lugar a finais de mes. «Déaste xeito poderemos sacar a concurso ou proxecto e a obra que os veciños de Brión e de Rois poidan gozar desta nova instalación lúdica», explica Xosé Luís García, alcalde de Brión.

Esta nova piscina cuberta estará situada ao lado do polideportivo e das instalacións do CEIP e do IES de Brión. Ademais, contará cun doado acceso por estrada, xa que está situada a uns trescentos metros da entrada e saída da autovía Santiago-Brión.

Na actualidade, as únicas instalacións destas características no municipio son as do Balneario do Tremo, aínda que se trata dunha piscina de tamaño inferior ás que promove o organismo provincial e cun uso e deseño distinto ao das piscinas públicas. A nova instalación unirase ás piscinas municipais descubertas de Bastavales e Os Ánxeles.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion