versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello brionés únese de forma oficial ao proxecto Amorodo de agricultura sana

[13/09/2008]

O Concello de Brión incorporouse oficialmente ao proxecto Amorodo, unha iniciativa para a promoción da agricultura sostible no que xa participan os concellos de Ames, Rois e Dodro.

Esta unión prodúcese despois do grande interese mostrado polos veciños do municipio en participar nesta iniciativa de fomento da produción e do consumo de alimentos sans dende o ámbito local, que ademais busca establecer unha relación directa entre o produtor e o consumidor, de forma que se garante a calidade dos produtos. Durante os últimos meses xa se produciron distintas actividades formativas no municipio.

Por outro lado, hoxe celebrarase no Centro Social polivalente, a partir das cinco da tarde, unha xornada formativa do proxecto Amorodo sobre conservas caseiras. Nesta reunión, os veciños aprenderán «as medidas a adoptar para a realización de conservas caseiras e aproveitar así vos picos de produción de produtos perecedeiros como os tomates, os pementos ou a froita e decatarse de que teñen outra forma de vendelos ou de conservalos para ou seu consumo», explicou Juan Carlos Carrejo, responsable do proxecto.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion