versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Festa do Cabalo de Brión celebra un concurso de recortadores

[14/09/2008]

A próxima fin de semana Brión será o centro do mundo equino coa celebración do seu tradicional Festa do Cabalo, que este ano, que cumpre a súa vixésima edición, presenta como novidade un concurso de recortadores nas tardes do sábado e domingo e repetirá o poni club para que os máis pequenos poidan facer o seu bautizo cabalar.

A organización da festa, encabezada por Manuel Fernández e Santos Lapido, espera que este novo aliciente dos recortadores atraia aínda máis visitantes ata o monte Rañalonga.

A Festa do Cabalo abrirá as súas portas o sábado, día 20, ás 16.30 horas, cun concurso de saltos, unha yincana, unha proba de seis barras, unha carreira de relevos por equipos e a ­divertida competición de burros. A xornada pecharase co encerro de vaquillas e concurso de recortadores.

O domingo a feira cabalar abre as nove da mañá. Unha ruta seguindo a canle do Tambre, a partir das 10.30 horas, dará paso a probas de salto e arrastre ata que pola tarde se celebren as competicións de paralelas, salto de potencia ou carreiras.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion