versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión permuta por vía forzosa terreo para unha piscina climatizada

[07/09/2008]

A titular recibe chan apto para construír vivendas illadas ou pegadas.

O Concello de Brión iniciou un expediente de permuta forzosa de dúas parcelas a superficie das cales suma 5.389 metros cadrados cun valor taxado xa definitivamente en 374.312 euros. A apertura deste expediente de intercambio de terreos foi promovida polo Concello, que desexa utilizar estes terreos situados xunto ao pavillón municipal de deportes brionés para construír unha piscina climatizada de uso público.

A cambio desta ocupación do chan o Concello oferta á titular deste senllas parcelas incluídas en terreos incluídos no plan parcial do proxecto Vila Amalia, que prevé construír unha cidade deportiva e vivendas. As parcelas permutadas están taxadas en 395.500 euros, é dicir, 7.247 euros máis que o valor do terreo que finalmente ocupará o Concello. Baseándose na lei pola que se rexen estas operacións de permutas inmobiliarias, a titular dos terreos deberá ingresar a nome do Concello de Brión a diferenza entre os terreos permutados.

Para que esta operación quede pechada definitivamente é necesario que o anuncio de permuta forzosa supere distintos trámites burocráticos. Un deles é a exposición ao público do expediente durante un período de vinte días contabilizados a partir da inserción do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que foi publicado o pasado xoves. Durante este período existe a posibilidade de presentación de alegacións.

O rexedor brionés, Xosé Luís García, sinalou que a permuta forzosa de terreos foi necesaria ante a imposibilidade de pechar un acordo, xa que se isto se lograse a fórmula urbanística sería distinta.

García destacou a importancia que supón para Brión contar cun equipamento como unha piscina climatizada e sinalou que a previsión coa que traballa o Concello é que a obra se financie con cargo a fondos da Deputación Provincial de A Coruña, que ten en vigor un plan para a dotación destes equipamentos a razón dunha piscina climatizada por municipio.

Na actualidade, as únicas instalacións destas características no municipio son as do balneario do Tremo, aínda que se trata dunha piscina de tamaño inferior ás que promove o organismo provincial e cun uso e deseño distinto ao de piscinas públicas.

Dentro da bisbarra compostelana o único concello que dispón de piscina cuberta é Ames, concretamente en Bertamiráns. A medio prazo está previsto que Teo tamén conte cunha piscina climatizada financiada tamén pola Deputación Provincial e que se situará en A Ramallosa, a capital do municipio.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion