Os maiores de Brión celebrarán a Festa dos Vellos con maxia e xogos tradicionais
[04/09/2008]
Os veciños de Brión maiores de 65 anos poderán participar este domingo día 7 na Festa dos Vellos, que terá lugar na Carballeira de Santa Minia. Este ano ademais da tradicional comida, os asistentes poderán gozar dun espectáculo de maxia a cargo do mago Romarís. Tamén haberá música coa charanga Os Celtas e para a tarde están programados unha serie de xogos tradicionais como dominó, bingo ou cartas, para que os veciños se divirtan.
Ata o momento están inscritos máis de 500 maiores, pero o Concello espera que se chegue ata os 600 participantes. Para poder participar os veciños deberán confirmar a súa asistencia ao Concello e presentar a invitación, que lles foi remitida, o día da comida.
Enlace a La Voz de Galicia