versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pecha o programa da Festa do Cabalo, prevista para os días 20 e 21

[03/09/2008]

O Concello de Brión pechou a programación da Festa do Cabalo, prevista para os días 20 e 21 deste mes. O calendario de actividades arrancará o día 20 a partir das 16.30 horas cun concurso de saltos, unha yincana, unha carreira de burros e un encerro de vaquillas, entre outras propostas.

As competicións equinas do domingo comezan ás nove da mañá. A primeira delas de salto en paralelas, seguida de salto de potencia. Haberá carreiras diferenciadas en función das razas equinas participantes: do país, cruzamento inglés e puro sangue. O programa pecharase cun encerro de vaquillas e un concurso de recortadores, que consiste en realizar saltos e xiros ante os animais.

A festa de exaltación do cabalo celebrarase nos montes de Rañalonga, lugar no que haberá postos de comida como carne ao caldeiro, polbo e churrasco. Esta festa cabalar está organizada polo Concello de Brión e a Deputación Provincial de A Coruña coa colaboración e o patrocinio de distintas empresas mundo equino e do municipio brionés.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion