versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Reforzo publicitario para a banda de Brión e caída das de Padrón e A Baña

[02/09/2008]

A diferencia das outras, unha campaña de anuncios 'aupó' a súa cifra de integrantes.

Brión ten asegurado un ano máis -e xa van 11- a continuidade da súa banda municipal, grazas a unha campaña de márquetin na que se animaba aos veciños a tocar instrumentos musicais. "Como apuntaba a este semanario o seu director, Jorge Rey, é complicado ter unha banda completa, a pesar de que neste concello contamos con escola de música". É por iso que sementaron a bisbarra cuns rechamantes carteis, que parece que exerceron de imán entre melómanos de todas as idades. A noticia contrasta, non obstante, coa desaparición este mesmo ano das bandas de A Baña e Padrón.

O grupo municipal brionés tomou o relevo hai máis dunha década da de A Luaña, unha parroquia da zona alta que promoveu durante ao redor dun século a agrupación musical que difundiu o nome de Brión. Actualmente conta con 34 músicos, e unha continuidade asegurada grazas á campaña de anuncios a toda cor nos que se representaban rechamantes instrumentos e un slogan: Estes instrumentos necesitan xente para que vos toque. Así se instou os interesados a poñerse en contacto cun par de números telefónicos -un deles, do propio Rei- para formar parte da banda municipal brionesa.

En canto á escola de música, e a pesar de que se pechou o prazo de matrícula para empezar o período lectivo o 15 de setembro, Jorge Rey matiza que aínda pode sumarse "a clases como piano ou guitarra".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion