versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os artistas Kukas, Ocaña, Costa, Poza, Gandullo, Bueno e Castro traen pintura e fotografía a Brión

[27/03/2007]

TIERRAS DE SANTIAGO | 27/03/2007

O presente mes de marzo supuxo o punto de partida dunha nova edición do espacio BrionArte 2007, que coa súa terceira edición alcanza a plena madurez. O ciclo abriuse, nesta ocasión, coa exposición do artista Marcelino de Santiago Kukas, un histórico do teatro de monicreques galego, que nos amosa nesta ocasión unha faceta pouco coñecida da súa obra creativa: a pintura.

E abril será tempo de fotografía, das Brétemas Luzadas de Luis Ocaña, impresionante selección de imaxes das paisaxes e monumentos máis significativos de Brión, captados a través dos obxectivos deste creador multidisciplinar veciño do concello. No mes de maio inaugurarase una exposición itinerante que leva por título Espíritu de Mariñan 5x5 con obras de Pedro Bueno, Alfonso Costa, Manuel Gandullo, Tino Poza e Vazquéz Castro.

A fotografía voltará protagonizar o mes de xuño, nesta ocasión da man dunha instalación colectiva: 5x5 cinco fotógrafos, cinco visións, que vai reunir a cinco artistas da imaxe, que amosarán cinco visións da realidade reinterpretada a través das súas cámaras. Xuño tamén será o mes no que a pintura, a fotografía e a literatura camiñen collidas da man no II Encontro coa Arte: Lembrando a Cunqueiro. Como xa sucedera na anterior convocatoria, un grupo de artistas plásticos e escritores galegos convivirán en Brión unha fin de semana para reinterpretar a figura do inmortal literato de Mondoñedo.

Piragüismo e aventura

Abril tamén será o punto de inicio dos tradicionais cursos de Piragüismo, nas instalacións especializadas existentes no Tambre (en Ons), e porase en marcha a segunda edición do Programa de Deportes de Aventura.


 



enlace a tierras de santiago

 

Comentarios


[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion