versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación Provincial xestionará ata o ano 2022 o cobramento de impostos de Brión

[26/08/2008]

A Deputación Provincial de A Coruña asumirá a xestión do cobramento de distintos impostos ata o ano 2022. Esta decisión foi aprobada o pasado 31 de xullo nunha sesión plenaria e supón unha política de continuidade, xa que o organismo provincial se encarga da xestión dos tributos brioneses dende hai anos.

Ao igual que o Concello de Brión, a práctica totalidade dos municipios da bisbarra compostelana tomaron o mesmo acordo mediante o cal o organismo provincial se encarga da recadación por vía ordinaria e executiva e realiza pagamentos periódicos aos concellos polos importes das súas respectivas recadacións.

O único concello da bisbarra que recada as súas propias taxas e impostos é o de Ames, que dispón dunha oficina en Bertamiráns para este tipo de xestións. Este mesmo ano, o Concello amiense aprobou continuar cun sistema propio de recadación, o que supón o mantemento da oficina de Bertamiráns e a apertura dunha oficina en Milladoiro. Os veciños do resto da bisbarra deben desprazarse á oficina de recadación provincial, situada en Santiago.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion