A Xunta acelera trámites para a variante de Os Ánxeles que dará acceso á AG-56
[22/08/2008]
A estrada que une A Picaraña (Padrón) e Os Ánxeles (Brión) terá unha nova variante que evitará este último núcleo e que facilitará o acceso á autovía de Santiago a Brión (AG-56). É un tramo de 1,4 quilómetros que aínda non está construído nin en obras. Pero a Xunta vai acelerando o proceso. Esta semana xa citou os donos dos terreos.
Os propietarios de terreos afectados terán que comparecer no local social polivalente de Brión o próximo 23 de setembro entre as 9.30 e as 13.30 horas. Alí farase o levantamento de actas previo á ocupación dos terreos. Son 81 terreos e os seus propietarios recibirán, en total, 780.000 euros por elas.
A obra fora aprobada polo consello de la Xunta en febreiro, curiosamente un día antes de que se abrise ao público a autovía. A Consellería de Política Territorial, que financiou a AG-56, inverterá 2,5 millóns de euros na actuación. A nova estrada evitará ter que pasar polo cruzamento de Os Ánxeles para chegar ao enlace coa autovía. O ramal de nova construción terá unha plataforma de oito metros de ancho. Estarán distribuídos en dous carrís de 3,5 metros (un por sentido) e dúas beiravías de dous metros.
No acto referido, os propietarios de terreos poderán dar conta das alegacións que consideren oportunas en caso de que a ocupación forzosa dos seus terreos leve consigo algún tipo de prexuízo para eles.
Enlace a La Voz de Galicia