versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O servizo de comida a domicilio de Brión será gratis o primeiro trimestre

[24/08/2008]

A iniciativa empezará a funcionar en setembro e a partir de decembro custará dous euros diarios.

O servizo municipal Xantar a domicilio do Concello de Brión empezará a funcionar en setembro e durante os tres primeiros meses será gratuíto. Transcorrido este prazo, o custo diario do servizo será de dous euros, segundo anunciou o Concello de Brión.

A prestación está incluída dentro do programa de Servizos Sociais de atención especializada e dará resposta a unha necesidade social dos veciños do Concello, que xa conta dende hai tempo co servizo de axuda a domicilio. «Queremos ofrecer un servizo moi necesario para aquelas persoas que están nunha situación de dependencia, ben temporal ou ben permanente», apuntou o alcalde de Brión, Xosé Luís García.

Os veciños que desexen recibir a prestación de comida a domicilio deberán someterse a unha avaliación dos servizos sociais do Concello, que confirmarán a súa necesidade mediante unha serie de parámetros preestablecer. Aínda que se trata dunha prestación que vén a complementar a de axuda a domicilio, a inclusión no novo servizo non será directa para os que gocen da atención domiciliaria senón que estará supeditado a un informe dos servizos sociais.

Para o financiamento do servizo de comida a domicilio, o Concello de Brión ten previsto asinar proximamente un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que lle permitirá sufragar os gastos deste nova asistencia municipal.

Tanto a atención a domicilio como o da comida a domicilio son dous servizos fundamentalmente dirixidos ao colectivo da terceira idade, pero tamén poden ser demandados por outros grupos sempre que cumpran os requisitos. No caso de atención a domicilio, algúns municipios atenden diversos usuarios con diferentes graos de minusvalidez.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion