versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión terá un punto limpo de reciclaxe en Rañalonga

[22/08/2008]

O inicio das obras está condicionado pola exploración arqueolóxica do lugar.

O municipio de Brión contará nos próximos meses cun punto limpo na zona de Rañalonga, na parroquia de Viceso, na zona alta do concello. Os traballos para a posta en funcionamento deste servizo de recollida e reciclaxe de residuos comezaron pola cata arqueolóxica previa, un trámite ao que o Concello está obrigado pola Dirección Xeral de Patrimonio, debido ás características especiais deste ámbito.

Os traballos de sondaxe dos terreos comezaron hai semanas e consisten en escavacións en zonas seleccionadas previamente para garantir que no lugar elixido para o punto limpo non existe algún depósito arqueolóxico. Segundo os datos facilitados onte polo Concello, a finais deste mes está previsto que o informe técnico estea rematado.

O seguinte paso será obter unha resolución favorable para que as obras poidan arrancar. A previsión municipal é que o visto bo definitivo de Patrimonio se produza a finais do mes de setembro, para que as obras poidan comezar xa no mes de outubro.

O obxectivo final do Concello é dotar ao municipio dunha zona axeitada para a almacenaxe e tratamento de residuos que polo seu volume ou pola súa composición con elementos altamente contaminantes, non se poden botar aos colectores tradicionais de lixo xa que necesitan algún tratamento previo, ben para favorecer o seu reciclado ou ben para reducir a toxicidade dos seus compoñentes.

Baseándose nas previsións de uso, o proxecto técnico prevé a ocupación de 900 metros cadrados de chan, en lso que se instalarán dez colectores específicos, unha zona de verteduras, áreas axardinadas e unha oficina de recepción para organizar a entrada dos lixos. En concreto, o punto limpo terá colectores de plásticos, entullos de obras, voluminosos, restos vexetais, ademais dos tradicionais depósitos de almacenaxe de vidro, cartón e envases lixeiros, ademais dunha zona específica para almacenar residuos tóxicos.

O rexedor brionés, Xosé Luís García, sinalou que con este punto limpo o que se pretende é «promover a convivencia ambiental entre os veciños de Brión, e por iso apostamos por este proxecto».

Unha vez que o punto limpo estea rematado, o Concello de Brión deberá aprobar mediante un acordo plenario unha ordenanza que regule o uso das instalacións, ademais do horario de funcionamento e do persoal asignado a este servizo ambiental.

Ao igual que acontece coas instalacións ambientais de Santiago, Ames e Teo, ente outros, o punto limpo brionés poderano utilizar unicamente os veciños censados no municipio. Os usuarios deberán acudir ao recinto para realizar os depósitos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion