versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A autovía de Brión non está na Rede

[22/08/2008]

Segundo os tres principais portais, a viaxe de Santiago a Noia demórase aínda entre 42 e 52 minutos.

Leva seis meses aberta e os buscadores de rutas por Internet seguen recomendando usar a estrada de Noia

A autovía de Brión non navega por Internet. É a autoestrada fantasma. Aínda que leva xa medio ano aberta, os principais portais de Internet que calculan rutas aínda non saben da súa existencia. Malia que, no seu día, a Xunta se esforzou en anunciar que Santiago xa contaba cunha nova vía de alta capacidade, os ecos non resoaron entre os bits de Internet e a AG-56 simplemente non está.

O resultado é o seguinte. Alguén que coñece a zona planifica uns días de vacacións en Compostela e o seu ámbito. Entre as súas previsións, idea un día na costa máis próxima á capital de Galicia. Cando busca en Internet, os portais web dinlle que para ir a Noia debe saír de Santiago por a AC-543 e seguila ata que remate. Son 36 quilómetros e entre 42 e 52 minutos, segundo o buscador que se utilice.

A realidade é outra. Ese traxecto apenas varía en quilómetros, aínda que si en tempo. Pódese facer en pouco máis de 30 se as cousas van ben e non hai retencións innecesarias. Pero quen non é da zona e non sabe que existe a AG-56 segue usando a vella estrada de Noia. E os que non o saben son www.viamichelin.es, www.guiacampsa.com nin www.mappy.com.

A variación de custos tamén é significativa. A AC-543 obriga a atravesar Bertamiráns, que habitualmente está colapsada polo tráfico. Isto obriga o condutor a facer paradas e arrancadas continuas, o cal dispara o consumo.

Ao igual que a realidade virtual non viaxa de Santiago a Noia por autoestrada, non o fai de Compostela a Sanxenxo ou viceversa. A recente apertura da autovía do Salnés non se incorporou aínda aos buscadores de rutas. Pero este caso é distinto, porque esa estrada segue o mesmo trazado que a antiga vía rápida. Desta forma, quen se mete na vía do Salnés pensando que solo ten un carril en cada sentido atópase con dous, pero non trastorna a súa ruta. Agora ben, a autovía de Brión non discorre pola vella estrada de Noia, son rutas diferentes.

Este feito demostra que os buscadores de itinerarios por Internet non reciben actualizacións mensuais nin moito menos semanais ou diarias. A AG-56 está operativa dende o 15 de febreiro. Pero iso só sobre o asfalto.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion