versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión contará co seu primeiro punto limpo

[22/08/2008]

Dous profesionais están a realizar a sondaxe para recibir a autorización de Patrimonio

O Concello de Brión está a preparar os últimos trámites para acoller o primeiro punto limpo co que contará o municipio e que se situará no monte de Rañalonga, na parroquia de Viceso. Dous arqueólogos e varios obreiros están a realizar a sondaxe arqueolóxica no terreo para constatar que cumpre os requisitos necesarios para recibir a autorización da Consellería de Patrimonio Cultural.

Prevén que o informe estea listo para finais deste mes. Unha vez presentado, esperan obter a resolución favorable a finais de setembro polo que as obras comezarían en outubro.

Este punto limpo contará con dez colectores específicos para reciclar e clasificar os residuos, zona de verteduras, recintos axardinados e unha oficina de recepción nos 900 metros cadrados que medirá.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion