versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O novo colexio de infantil de Brión estará listo para finais de ano

[14/08/2008]

Os traballos de ampliación do centro educativo de Pedrouzos superan os dous millóns de inversión.

As obras de ampliación do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos (Brión), que se están a levar a cabo dende hai meses, non estarán rematadas ata finais de ano. Con todo, segundo os datos facilitados polo Concello brionés, esta situación non interferirá no inicio do curso escolar, xa que, en realidade, os traballos se centran na ampliación do espazo reservado para novas aulas de educación infantil (de 3 a 6 anos).

Como medida provisional, os alumnos brioneses iniciarán o curso no mesmo edificio de sempre e cando conclúan as obras de ampliación chegará o conseguinte traslado, unha posibilidade que, como pronto, será factible a principios do 2009.

As obras de ampliación do centro educativo de Pedrouzos están financiadas pola Xunta de Galicia cun presuposto superior aos dous millóns de euros, que se están a empregar en construír un edificio anexo ao actual, ademais de promover a ampliación do servizo do comedor escolar e distintas melloras na planta baixa.

Cando remate a reforma, Brión contará con seis aulas máis, fixándose unha separación entre as clases de infantil e as de primaria (escolares de 6 a 12 anos). Aínda que a simple vista os traballos non parecen estar moi adiantados, o Concello informa de que as obras se están a realizar conforme ao calendario previsto inicialmente.

Co final destas melloras Brión emendaría unha vella carencia en equipamentos e servizos educativos, xa que o colexio de Pedrouzos, construído hai tres décadas, non se beneficiara de ningunha reforma nin acondicionamento significativo e o incremento de demanda de prazas dos últimos anos provocou graves problemas para a escolarización de todos os alumnos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion