versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os nenos do campamento urbano de Brión exporán os seus traballos

[29/07/2008]

Os cen nenos de entre 3 e 12 anos que participan no campamento infantil urbano de Brión para favorecer a conciliación familiar e laboral están ultimado estes días a celebración dunha grande feira que porá o punto e final á iniciativa Briónverán 08.

A exposición terá lugar este xoves no polideportivo municipal de Pedrouzos, onde os nenos inscritos exporán todas as manualidades e as actividades realizadas durante todo o mes de xullo utilizando materiais como plastilina, cerámica e madeira, entre outras.

As diferentes casetas da feira serán visitadas durante a mañá polos pais dos novos artistas, así como polo resto dos seus compañeiros. Ademais destes postos, haberá outros nos que se farán tatuaxes e mesmo masaxes.

Unha vez rematado este programa, Brión oferta 50 prazas para nenos nun campamento nunha granxa escola en Sobrado dous Monxes.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion