versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A mestizaxe inundou a carballeira de Brión

[22/07/2008]

Centos de persoas arroupan o festival de folk internacional.

A noite gélida e desapracible non impediu o domingo que centos de persoas se desen cita na carballeira de Santa Minia de Brión para contemplar en directo o Festival Internacional de Folclore. O público aguantou estoicamente tres horas de actuacións, cun repertorio variado no que se mesturaron pezas tradicionais insulares e a cultura popular indíxena.

Abriu o festival a agrupación Amigos da Esperanza de Tenerife (Canarias), fundada en 1947 e integrantes de diferentes idades, que deleitaron aos brioneses e foráneos con pezas tradicionais tinerfeñas. A testemuña recolleuno outra agrupación canaria, Tetir, de Fuerteventura, cun estilo máis sobrio e pezas fundamentalmente agrícolas e moi aplaudidas.Con colorido e espectacularidade chegou o beei de San Luis Potosí, de México, con pezas tradicionais e danzas con reminiscencias maias. O acento venezolano púxoo o grupo Tradiciones, co San Juan e Las Parrandas, mentres que dende o veciño Portugal actuou o Rancho Folclórico e Etnográfico do Casal de Sentista, con pezas da rexión de Los Templarios.

A actuación estelar, se cabe, chegou cos Leóns de África, de Senegal, que substituíron ao grupo Khasevyuri Daguestán e conquistaron, de forma rápida, o cariño do publico, con danzas do ritual máxico Simb.

Brión viviu, pois, todo un espectáculo de música, danza e maxia.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion