versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A gardaría de Brión poderá admitir a todos os nenos que estaban nas listas de espera

[25/07/2008]

A gardaría municipal de Brión contará o próximo curso con seis aulas, unha máis que o ano pasado, e ampliará en sete prazas outro aula xa existente. Estes dous cambios permiten aumentar a oferta da escola infantil ata un total de 90 prazas, quince máis que o ano anterior. Deste xeito, faise posible a admisión de todos os nenos que estaban en lista de espera, soamente quedaron excluídas tres peticións, xa que os nenos aínda non naceron e non poden optar a praza.

Estes cambios non suporán a realización de obras de ampliación no centro, xa que estas novas aulas sairán da rehabilitación doutros espazos da gardaría. Así, unha das aulas multiúsos do centro pasará a ser empregada como aula para bebés menores dun ano de idade. Os traballadores municipais realizarán durante as próximas semanas as obras necesarias para habilitar este espazo, que estará equipado cunha área especial de hixiene e outra de descanso para os nenos.

Ademais, realizaranse as obras de cubrición dun dos patios interiores e contratarase unha nova profesora, que traballará a media xornada.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion