versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os veciños de Brión terán un servizo especial de Noitebús durante o Apóstolo

[23/07/2008]

Con motivo das festas do Apóstolo, o Concello de Brión porá en marcha un servizo especial de Noitebús a Santiago entre os días 24 e 27 de xullo. Debido ao elevado número de veciños que se desprazan á capital durante estes días, o Concello engadirá dúas liñas especiais de autobús, que sairán de A Graña ás 21.00 e ás 23.00 horas, e volverán dende Santiago ás 5.30 e ás 7.30 horas. Este servizo únese ás tres liñas de transporte nocturno que funcionan durante todo o ano.

No 2007, foron 572 veciños os que utilizaron o Noitebús para achegarse a Santiago e gozar das festas. De acordo coas estatísticas, espera que o día de maior número de viaxeiros sexa a noite dos lumes. O ano pasado esa noite desprazáronse deste xeito un total de 311 brioneses, o que fixo que o Concello tivese que reforzar o servizo cun terceiro autobús.

Ames tamén refórzase
Os amienses tamén contarán durante estes días co servizo de Noitebús, que o ano pasado empregaron uns 600 veciños do municipio. Terá paradas tanto en Milladoiro coma en Bertamiráns para que os residentes de Ames póidanse achegar ata Santiago e gozar das festas.

En todos os casos o custo do billete será de 2 euros, importe que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo dunha mesma xornada.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion